sábado, 27 de febrero de 2010



Avelino Cachafeiro Bugallo e  a súa MUIÑEIRA DE CHANTADA



Avelino Cachafeiro Bugallo (26 maio1899-13 abril 1972)
A morte da súa muller(Josefa Cortizo Nogueira) no ano 1946 coa que casara 17 anos antes, entra nunha etapa na que esquece a gaita dedicándose a outros oficios ata que morre na propía vila que o viu nacer o 13 de abril de 1972.



Avelino.-  Uxío
Arrieiros.-Arturo,Martín,Dani e Pablo

Zapateiro + Axudante.- Alex e Jonathan

Nenos.- Carlitos, Antón, Borja, Cris.

Costureiriñas.- Elena, Laura

Bailadoras.- Estrella, Silvia-Valeria, Pilar-Elena, Ada-Laura.


Uxío (entra caracterizado:Bigote,boina-sombreiro) tocando o tambor.


Entran os nenos con algarabía e ó ver a Avelino, aplauden e berran:

 Nenos:     _ ¡¡¡BIEN!!!!—

Os nenos diríxense  a  el pedíndolle:

Carlitos: - Avelino, contanos un conto
Avelino: - Bo,non sei que conto vos hei contar, xa volos teño todos contados.
Cris: -Pensa, Avelino, ¡tantos como ti sabes! Seguro que aínda tes moitos que non nos contache.


Avelino:  - Deixádeme pensar un pouco, calade senon non me concentro.
(Avelino, pon cara de  pensar e volve a toca-lo tambor)
 Borja:   _e  ¿ porque non toca-la gaita?
Avelino: _ (Pon cara de recordar) e di:
 _ A gaita hai tempo que a colguei no chaleque …¡Teñoa no recordo!
( ilumínase á cara e empeza a contar)

Cando era novo…non tanto coma vos…..algo máis vello…bueno¡era xa un rapaz que lle gustaban as festas e o baile aconteceume o seguinte:
 Nunha romería cerca de Chantada…atopei unha moza ¡guapísima!,balei con ela unhas cantas pezas (aparece Valeria no escenario-enfocala co cañon,para chamar a atención sobre ese plano.Mentras Uxío quita o bigote e a boina para facer del mismo de rapaz;acércase a Valeria e baila, rematando a peza,entre os dous ten lugar esta conversa)

Avelino:- Gústame ben como bailas,¿Poderías bailar comigo tódalas pezas na festa de Chantada?
Valeria(Josefa): _Ben poideches ver que teño moitos pretendientes; e pra non lle facer un feo a ningún, no día da Patrona,hei de estar con  aquel que me traiga composto unha  un fermosa peza de baile,¡que  a Virxe me axude!
(Avelino volve a sentar e pon o bigote e o sombreiro; ca luz do cañon séguese a Josefa ata que desaparece do escenario.Apágase o cañón e Avelino seguirá co conto:

Avelino:_ Así deste xeito marchei para casa, só tiña unha cousa na cabeza…facer unha peza de baile…

Nenos: -e…¿fixéchaa?

Avelino:- Botei días e días  pensando pro non se me ocurría nada e se as veces me saía un tirulirulaina…acababa por non poder completala e aborrecíame e deixaba todo…

Chegou o día da Festa e marchei cara aló rezando polo camiño para ver se ocurría un milagre e aínda era quen de cantar algo, pois a moza gustábame ben.
Indo cara aló atopei uns arrieiros polo camiño( entran os arrieros ó escenario por onde entrou Josefa)

Avelino:-¡Bos días!
Arrieiros: _Bos días

Avelino:-E vostedes que andan tanto…dun sitio para outro non saberán algunha canción ben bonita pra bailar.

Arrieiros(contestan  algo añoxados):_    Eu non paro de andar
                        Dun ladiño para outro
                        Eu non sei cantar
                        Nin tampouco sei toca-lo bombo

Avelino:-Máis para diante  atopei ó zapateiro de Antas e ó seu axudante:
A  ¿onde ides?
Alex e Jonathan:-Imos cara a onde ves ti, ó contraxeito.

 Avelino:-Estades moi parrandeiros¿Non saberedes ningunha canción?

     Alex:-         Esta muiñeiriña nova
    Jonathan:-     ¿Quen a trouxo a esta terra?
                           O zapateiro de Antas
                 Na punta dunha subela


Avelino falando cos nenos:- Parecíame que todos estaban a rirse de mín.Seguín andando e atopei cunhas costureiriñas,como xa era tarde e iba anoxado xa non quería falar con nadie díxenlles:


-¡Adiós , adiós!

E elas sorríndose dixéronme:

Todalas costureiriñas
Son amigas da conversa
O que ha de falar con elas
Que non leve moita presa


Seguín andando andando e de repente ocurriu……

Nenos: _¿que ocurriu? _¿que ocurriu? _¿que ocurriu? (colócanse hacia un lado no escenario)

Empecei a repasar todo o que me dixeran(toca o tambor e repasa a cantiga unha vez)
Parecía que soaba ben. E soou ben.Con ela conquistei a miña Josefa.
E así se bautizou: Muiñeira de Chantada.

Ponse a música da muiñeira  e salen bailar. Fan parella Avelino e Josefa.
Imaxes recollidas de: www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm

Escenificación levada a cabo polos alumnos de 2º curso no ano académico 2006/07.

No hay comentarios:

Publicar un comentario