lunes, 15 de febrero de 2010

CONVERSAS

Entra María no escenario co cántaro na cabeza  (apoiado nunha rodela).Tropeza (pero pouco) e logra mante-lo equilibrio e o cántaro no pico da cabeza.
Están colocados os que xogan a partida.Os miróns atenden a todo.

— ¡ Ouuuuh! ...  menos mal que non me caeu porque senon … ¡aló ía toda a miña fortuna … Esto que levo aquí ¿sabedes o que é?

(se contestan: “Leite”…) sigue 1
(se contestan:”Non”…) sigue 2

1)    — Pois si
2)    Pois é leite.     ¿Parecevos pouco? Non deixedes que a vista vos engañe, porque hei pasar pola pinguela e despois  xa hei ter algo máis…un pouco máis, bueno aínda ben máis…e despois hei levalo a feira…cos cartos que me deixe hei comprar unha pita que a poñer ovos e despois hei  vendelos….e despois co que me diesen hei comprar (móvese contenta polo escenario) máis pitas que han poñer máis ovos que hei vender….(xira sobre si misma e cae estirada no escenario e o cántaro escangállase esparcíndose os bombóns)

Entra  Jesús
( Colle un bombón do chan e mirando para él di):
— Sempre pensei que eras un bombón o que nunca imaxinei é que os sementaras (quítalle o papel ó bombón e comeo saboreándoo)

(Mentras tanto María levántase estirando na saia e  o mantelo, moi preocupada porque non se lle vexan as pernas e con cara de enfada di):

— A ti xa tiña eu ganas de verte
— E porqué… bombonciño?
(María, con cara de máis enfadada)

—    Andas por aí dicindo que estou toliña por ti
porque che miro pra cara
pois has de saber rapaz
que  moitos son os que van á feira
¡MIRAN!
e non comprar nada!

Jesús:_ Que son guapo  ben se ve
e    deso non teño a culpa
se   ti non o sabes apreciar
outras máis listas haberá.

(Entra o Manuel pola parte dereita—diante  do escenario)

Manu:—   Mira, mira esta parelliña
rifa  que rifa a estas horas
ben é sabido de todos
que os que este ano rifan
o ano que vén enamoran
Iria: —      ¡Anda, quen apareceu!
de ti non precisamos agora
sempre o demo a vai armar
anque sexa a deshora.
Manu: —    ¡Muller! Non te alporices
que    eu  nunca mal che fixen
¿Qué é, que por non atopar contigo
non   podo saír pasear ó camiño?
Iria:    —Pasear pasearás.
Non sei se perderás o paseo.
Pro fas ben facelo asi
Mentras se cumpra o teu desexo.
(marcha,con moito salero. Jesús e Manu  quedan )
Jesús:         — As mulleres non son doadas de entender
Manu:        — E que elas non son capaces de entende—lo noso querer.(Saen os dous do escenario)

Nunha esquina do escenario José Ramón, Borja, Jorge e Rubén xogan a partida. Paulo,Dani e Barrera están de miróns e non só da partida senon do que pasou  no escenario cos que actuaron anteriormente. Os máis chismosos son os tres que non xogan.
Paulo non lles perde punto (aos tres de antes) e levántase facendo que os segue pero volve e dirixíndose ós seus compadres di

Paulo:         — ¿Vistes a eses tres en apuros?

Daniel refregando nas mans como se tivera frío o mesmo tempo que fala como se reflexionara profundamente

Dani: —     Non sei que é o que lles pasa
Pero  dende hai unha tempada
Non  fan máis que se atopar(pousa as mans fortemente nos xeonllos)
¿será por casualidá ?

Barrera:    —Non deben botar ben as contas (bebendo viño—cola cun vaso)
pois senon xa se decatarían (xirando o contido do vaso)
que entre eses tres, un…¡SOBRA! (pousando forte o vaso)

Mentras a partida segue

José R:     — Estanche nos anos mozos
Cabeza  non hai ningunha
e   aínda sendo día
xa  pensan que é… noite escura.

Borja:     — Máis vale así, pois xa sabedes:
o  que non tolea de novo
tolea de vello.
E  un vello verde non pinta ben.
Cada cousa ó seu tempo, no seu lugar e a súa hora
¿é, ou non é?
JorgeJ
(Dándolle un golpe coa palma da man na espalda a Borja)

—    Será, oh será…
Pero agora é hora
De  atender a botala partida
Da  taberna da  Camila


Rubén: — Xogámo—lo litro, un litro de tinto
e  non teremos frío polo camiño.

Todos: — ¡E  vivan os viñateiros de Rábade!

Un:     ¡— E a Camila!
(Maza nas mans e berra):

—    Camila trae un  litro
—    (Cérrase o telón)




Entran no escenario Mª Carmen, Luis e Natalia. Luis vestido con aire de cidade(pantalón de traxe-camisa), Natalia con sombrilla(dase aires), Mª Carmen con mantelo. Semellan que veñen sostendo unha conversación interesante(oise expresións: “que  va,  si, que no…acércanse entón empeza a verdadeira conversa:




Mª Carmen:     — Este empéñase en dicir
Que  agora, na nosa aldea,
xa non queda con quen falar.

Natalia: — Eso pásalle a el por ser
da capital.

Luis: — ¡Anda pra aí!
Mira  con que vés agora…
¡DA CAPITAL!
Eso é co que ti soñas…e é alí
Onde as persoas están máis soas…
Mª Carmen:—¿Non me digas?...¿ti non serás desas persoas?

Luis:-¡Muller!; eu co meu estilo
sempre atopo
algún“arrimo”.
Mª Carmen:-E logo….¿de que te queixas?
Natalia:-Vés aquí coa túa mellor chaqueta
pra decirnos o que che peta.
¡Vaite! e non ofendas.
Luis:-Non estaba no meu ánimo ofender
senon botar unha parrafada
agora ó atardecer.
Mª Carmen:-Pois se tes ganas de falar
imos a outro lugar
alí  atopara-la mocidade
con   ganas de troula e baile.

(Saen do escenario)


Detrás das cortinas Brais berra:
—    ¡Anda Xosé  que é tarde!

Sae e pasa coma un lóstrego murmurando: “sempre igual, non dan andado, non dan andado….”

Lucas (detrás das cortinas): —¿ A donde irá?...(saíndo ó escenario,segue dicindo)¿A donde irá?
Á.Grande (detrás das cortinas):-¡Eh! Esperade por min que tamén vou. (sae ó escenario para atoparse con Lucas).

Lucas:-¡Home! Ti tamén….vas e… ¿a donde vas?Esoutro levaba tanta prisa que aínda non mo deu dito.
A.Grande:—Debe ir a fonte da Pinguela que oín que a estas horas están por alí pasmando e dándolle ó conto as mozas do lugar.



Acábase cantando:  Na fonte da pinguela





Peza teatral escrita  para escenificar,por primeira vez, polos  alumnos nomeados nela.
Autora: Mª Jesús Pérez Veiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario