viernes, 5 de febrero de 2010

O PÍCARO....MARIO BROS-IÑO

7/08/2008



ENTRE TODOS DÉMOSLLE VIDA A MARIO...E VIMOS OUTRAS MANEIRAS DE DIVERTIRSE

5/29/2008





Mario aparece no escenario, que ten estructura de pantalla de xogos (colgadas 3 flores nas que Mario reparará ó desprazarse na primeira volta e, na segunda volta, fará debaixo delas os saltos que fai Mario no xogo(Daniel moverá no ordenador o Mario para emitir o son correspondente).
Cris, Pablo e Martín estarán colocados ao fondo do escenario (atacantes ao final da escena) mentras que os outros nenos estarán deitados como para señalizar os camiños polos que Mario se desplaza.
A escena remata cando Mario atacado, derruba aos tres inimigos(Cris,Pablo,Martín) Mario fai un salto como para saír da pantalla,quedando sentado e medio atontado.
Ao acabar( se se produce risa no público,hai que esperar)
Mario saudará:

_ ¡OOOOOOOOOlllllllaaaaaaaa! (o público loxicamente contestará e senon Mario repitirá o saúdo ata consegui-la resposta desexada; entón poñerá cara de sorpresa como se de repente se extrañase de oír a resposta, pensa sacude a cabeza, volve a saudar con voz baixa como se estivera algo asustado(espera a resposta do saúdo) e entón saltará de delicia dicindo:
_¡Oh! ¡CONSEGUINO!…desprazarase a distintos puntos do escenario (ós dous extremos do escenario empuxando o cristal da pantalla como comprobando que está alí, o cristal claro.
_ ¡CONSEGUINO!…(vólvese outra vez para tocalo cristal) e di:
_O CRISTAL (alguén golpeará un cristal para face-lo efecto)QUEDA ATRÁS SAÍN DA PANTALLA …¡PUFF! TODA UNHA VIDA METIDO NUNHA PANTALLA ……(fai un silencio,como apesadumbrado…bota un profundo suspiro e di:

- Antes nos vos era así…. Non ...non . ..non era así.

- E…Agora….
¡Agora…sempre con esas maquinuchas! …..¡ides acabar cos ollos!

……..
- É verdade. Isto das maquinuchas é novo.
- ¡Antes!... ¡Antes!.... ¿Como era antes?
Pois imos facer historia… ( os deitados empezan a levantarse)
Antes, para divertirse…bailábase moito(os nenos empezar a xirar como se fora bailar pero mal)
- ¡Quietos! De estar sempre tumbados nesta pantalla non sabedes nada… ¡Fóra!
(quédase pensativo e despois di)
- Eu ben recordo…..e… bailábase así….(bailan as nenas a xota)




-Detrás delas foron aprendendo eles…..e fixose famoso aquelo de….

( bailan os nenos a raspa)
- Tamén se contaban contos…moitos contos….

Había unha vez un rei…era o rei dos reies….era o rei de ouros…un día marchou a guerra co seu cabaleiro, coa súa dama e coa súa arma…Pero armouse unha gran tormenta e foron a unha pousada, alí atoparon ó rei de copas que tamén tiña o seu cabaleiro a súa dama e a súa arma…e o de espadas e o de bastos. Chegada a hora de descansar cada grupo retirouse aos seus aposentos. Os de ouros no 1º aposento, os de espadas no 2º aposento…….. De noite houbo un tremor e tanto medo tiveron que saíron todos a xuntarse no corredor….alí armouse un gran alboroto :uns dicían unha cousa (os alumnos axudantes van cortando o montón de cartas).outros outra…era todo unha remexida .Por fin veu a calma e cada quen volveu aos seus aposentos…ata o día seguinte. Por fin, descansaron. Xa, ao amencer empezáronse a levantar ... e saíron os do 1º aposento…
_ ¡OH! todas as damas xuntas….(vai dicindo cada neno segundo vai collendo as cartas)
_OH todolos cabaleiros xuntos….

…. _ Mario__ por iso dende aquela se di…cada ovella coa súa parella.


Mario- Tamén había outros contos que non eran tan contos … mais ben parecían cousas de meigas….(Silvia e Elena)
(Entran Silvia e Elena no escenario, levan unha bolsa da que sacan un fío e unha tesoira, empeza Silvia)
Silvia- Esta é a miña compañeira Elena, aínda que nós traballamos moito, tamén aprendemos outras cousas.
Elena- ¡OOOla! Esta é a miña compañeira Silvia e aínda que traballamos moito tamén facemos otras cousas: Ides ver…aquí temos un fío ben atado ( tira del para demostrar que non se solta) e unhas tesoiras, fixádevos ben como vai o conto. Meto por un ollo da tesoira o cordón e a miña compañeira vai suxetar deste xeito.
Pois eu vou conseguir sacar de aí a tesoira sin romper o fío, sin romper as tesoiras nin a Silvia( fai o truco).(suponse que aplaudirán, se o fan hai que esperar a que paren…)
Elena- Por se aínda non collestes como se fai…¡REPETIMOS!….(coloca Silvia a tesoira no fío e colócallo a Elena para facer desta vez Silvia o truco)
Silvia-¡ Saíu! (Remata dicindo) _ E non pensedes que esto é cousa de meigas…pero habelas hainas.

Elena- hai ….hai….(vanse do escenario)



_En canto aos bailes …¡agora! Agora temos…
O requetón….(bailan todos, nenos e nenas)

-E en canto ¡ a xogos!….¡pois nada!…¡supoño que non me quedará outra!…(os nenos colócanse na forma q tiñan ó principio na pantalla) (Mario xírase hacia eles e di)_terei que volver para dentro da pantalla (antes de meterse na pantalla, despídese)
-ATA outra Amigos, (emitindo o son ¡IUP!, salta para dentro da pantalla a través do cristal)

_ (Xa dentro da pantalla, fai acenos coas mans e berra)

_ ¡EH! (berra facendo acenos como para que reparen nel) ¡ non vos olvidedes!: de vez en cando ¡SAÍDEVOS DA PANTALLA!…..Hai moitas máis cousas para poder facer….


Peza teatral escrita para escenificar,por primeira vez, polos alumnos nomeados nela.
Autora: Mª Jesús Pérez Veiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario